www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019

Responsables da Policía Nacional aseguran que os cambios organizativos beneficiarán a Redondela
Institucional • 4/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Así llo trasladaron ao alcalde tanto o Comisario Xefe da Brigada Local de Seguridade Cidadá como o inspector Xefe da Comisaría de Vigo Redondela con quen Javier Bas se reunía na mañá de onte para pedir explicacións sobre os cambios organizativos no servizo. O alcalde solicitou un informe por escrito no que se detalle como se levará a cabo a transición e que se presente o Plan de Seguridade Cidadá previsto para Redondela.


Uns cambios organizativos que contemplan que os operativos que ata o de agora prestaban servizo en exclusiva durante as mañá e tardes en Redondela pasen a formar parte da Brigada Local de Vigo. Unha modificación criticada dende o SUP (Sindicato Unificado de Policía) porque ao seu entender suporán unha menor presenza policial en Redondela xa que as dotacións Zeta que tiñan a súa sede no noso concello pasarían a ter a súa base en Vigo. Engaden dende o SUP que isto provocará que "haxa momentos do día nos que non estea dispoñible ningún vehículo en Redondela debido aos 16 quilómetros de distancia entre ambos municipios".


Con todo, tanto dende a subdelegación do goberno como os propios mandos policiais, cos que onte se reunía o alcalde para coñecer con más detalle a situación, aseguraron que "Redondela verase beneficiada si se da este cambio organizativo" e aseguraron que o municipio non quedará desatendido en ningún momento.


Bas solicitou aos responsables da Policía Nacional un informe por escrito no que se detallen como se levará acabo a transición cun cronograma de prazo e efectivos cos que o municipio contará en todo momento. Asemade, o rexedor demanda que dende a Comisará de Vigo-Redondela se presente por escrito o Plan de Seguridade Cidadá previsto para o noso concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: