www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Xuño de 2019

Un convenio coa Xunta permite a humanización do núcleo da Pantalla, en Cesantes
Política • 3/04/2019
Autor: Ana Prieto

O núcleo da Pantalla, en Cesantes, vaise transformar nos próximos meses grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e a consellería de Medio Ambiente. Os traballos consistirán na instalación de beirarrúas, zonas de aparcadoiro, novo asfaltado e canalizacións, e contan cun orzamento de 191.000 euros.


A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o Concello de Redondela para asinar o convenio de colaboración co alcalde, Javier Bas. O proxecto encádrase dentro do Plan Hurbe, unha inciativa que busca mellorar a calidade de vida dos veciños para facer vilas "máis accesibles e habitables".


Bas Corujeira lembrou que se trata dunha demanda dos veciños desde hai anos, e amosouse satisfeito de que agora poidan contar co orzamento para facelo realidade. Varios veciños do núcleo da Pantalla asistiron no salón de plenos do Concello á firma do convenio.


Agardan que despois de anos de espera as obras se fagan "canto antes" e que queden "ben feitas", como explica Teresa, a quen o que máis lle preocupa e a mala conservación do asfaltado. Emilio explica que ata o de agora as fochancas "remendábanse", e confía en que agora a estrada quede "en boas condicións".


Os traballos serán financiados nun 70% pola Xunta de Galicia, e o 30% restante con fondo municipais. A previsión é que as obras comecen "en breve" en que estean rematadas ao final do verán.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: