www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 15 de Novembro de 2019

Obradoiros de percusión con Roberto Oliveira
Cultura • 3/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para participar nos concertos-obradoiros de percusións que se van desenvolver nas vindeiras semanas baixo o nome "Elektronik Kontainer". Unha actividade de balde orientada a mozos e mozas de 12 a 18 anos. O primeiro dos talleres será este sábado ás 17 horas no Piñeiral do Crego en Chapela.


Roberto Oliveira propón unha serie de 3 concertos/talleres de percusión e novas tecnoloxías "Elektronik Kontainer" que se van desenvolver os días 6 de abril, 11 de maio e 15 de xuño. Unha actividade orientada a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos que busca divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión.


A actividade proposta, ademais de contidos específicos da área de música e tecnoloxía, aborda outros contidos transversais como a expresión oral, a educación en valores e o desenvolvemento do pensamento crítico.


As representacións son tres, todas elas con variación de contidos dentro da temática do proxecto e onde da man do artista Roberto Oliveira tamén farán un análise Sonoro/Visual das obras interpretadas.


Os obradoiros desenvolveranse todos eles ás cinco da tarde. O primeiro será este sábado 6 de abril en Chapela, mentres que os dous seguintes terán lugar no Multiúsos da Xunqueira o 11 de maio e o 15 de xuño.


As matrículas pódense tramitar a través da web do Concello.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: