www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Graffitis para decorar os arredores do Pavillón de Chapela
Institucional • 2/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballos iniciáronse o pasado sábado nas inmediacións do recentemente nomeado Pavillón "Manuel González Soto" e as labores corren a cargo de artistas locais. Son un grupo de mozos e mozas de Redondela e arredores que participan de xeito altruista na elaboración destes murais que neste caso son de carácter paisaxístico. Unha iniciativa coa que o concello busca mellorar a imaxe da parroquia e combater o feísmo de muros e paredes a través de graffitis. Iniciativa que se espallará a outros puntos do municipio.


A técnica empregada por estes mozos consiste no uso de pintura plástica coa que se van realizando os graffitis valéndose dun rodillo e dunha brocha. Confíase en que os debuxos estean rematados xa na vindeira fin de semana.


Caterina Pacheco Calvar é unha das mozas que dirixe a actuación e asegura sentirse "ilusionada" pola oportunidade profesional que supón enfrontarse a unha obra de tales características e dimensións.  Xunto a ela colaboran outros mozos do ámbito cultural e artístico de Redondela: Samuel Costas Castro, Jose Manuel Míguez Lorenzo e Thomas López Schwarz,aos que o Concello agradece as labores.


Unha actuación que o alcalde, Javier Bas,  valora como moi importante para o noso municipio ao crear espazos de beleza e arte ao tempo que se axuda a que os artistas locais promocionen o seu traballo. 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: