www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Chapela brilla na cita do remo en Arealonga con tres ouros, pero Mecos leva a Bandeira do Porvir
Deporte • 1/04/2019
Autor: Ana Prieto

Os bateis do Club Remo Chapela fixeron unha gran actuación na XI Bandeira do Porvir - Memorial Obdulio Iglesias "Odilo". Fixéronse co primeiro posto en tres das dez categorías e foron terceiros noutras dúas. Con todo, quedaron a 8 puntos do Club Remo Mecos, que levou a bandeira para O Grove. Cesantes foi bronce na categoría xuvenil masculina.


As augas de Arealonga viviron onte unha xornada espectacular de remo, cunha fermosa loita entre o club de Chapela, anfitrión do evento, Mecos e Samertolaméu. Finalmente os do Grove fixéronse coa XI Bandeira do Porvir - Memorial Obdulio Iglesias "Odilo", que sumou dúas vitorias, en infantil e absoluto feminino, e catro segundos postos, co que sumaron 49 puntos. Chapela foi segundo, con 41; e Samertolaméu terceiro, con 34. O paseo de Cardona viviu unha gran festa do remo, con presenza de moito público que gozou dunha xornada practicamente estival. Desenvolvéronse as probas nas dez categorías oficiais, cinco femininas e cinco masculinas. Un total de seis clubs repartíronse as dez vitorias nas distintas categorías. Brillaron os anfitrións, o Club Remo Chapela, campión en cadete feminino e infantil e cadete masculino; tamén Samertolaméu foi destacado con dúas vitorias: alevín feminino e xuvenil masculino; o mesmo que Mecos: infantil e absoluto feminino, e a continuación cunha vitoria cada un deles, subiron ao podio Vilaxoán (xuvenil feminino); Virxe da Guía (alevín masculino) e Bueu (absoluto masculino). Cesantes foi 3º na categoría xuvenil masculina.


Resultados nas categorías masculinas: Alevín: 1. Virxe Guía, 2.20:60; 2. Mecos, 2.27:34; 3. Bueu, 2.27:67. Infantil: 1. Chapela, 4.32:86; 2. Mecos, 4.34:21; 3. Vilaxoán, 4.35:43. Cadete: 1. Chapela, 6.29:58; 2. Mecos, 6.31:57; 3. Amegrove, 6.33:68. Xuvenil: 1. Samertolaméu, 8.37:26; 2. Robaleira, 8.47:17; 3. Cesantes, 8.49:34. Absoluto: 1. Bueu, 8.13:73; 2. Mecos, 8.15:41; 3. Vilaxoán, 8.20:96.


Resultados nas categorías femininos: Alevín: 1. Samertolaméu, 2.18:66; 2. Bueu, 2.19:19; 3. Vila Cangas, 2.19:52. Infantil: 1. Mecos, 4.47:81; 2. Amegrove, 4.48:39; 3. Vilaxoán, 4.54:06. Cadete: 1. Chapela, 6.55:38; 2. Tirán, 7.03:45; 3. Chapela, 7.12:23. Xuvenil: 1. Vilaxoán, 9.18:14; 2. Tirán, 9.37:14; 3. Chapela, 9.47:88. Absoluta: 1. Mecos, 9.15:56; 2. Samertolaméu, 9.25:84; 3. Coruxo, 9.30:74.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: