www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Música clásica na Igrexa de Cedeira co Trío Contrastes
Cultura • 29/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Igrexa Santo André de Cedeira acolle este domingo un concerto enmarcado dentro do ciclo Pórtico Sonoro a partir das 18:00 horas. Nesta ocasión o público poderá gozar da música en directo do Trío Contrastes, que presenta un concerto titulado "Música de Cámara: Do Barroco ao Romanticismo".


Este ciclo leva celebrando no últimos cinco anos con moi boa acollida do público e leva actividades culturais programadas desde o Concello de Redondela até diferentes parroquias e localizacións.


Durante estes ciclos prográmase tanto música de cámara propiamente dita, como música coral polifónica, propostas máis modernas e actuais, así como concertos de pequeno formato nas igrexas parroquiais de menor aforamento. Neste caso, a proposta é dun trío de vento, que ofrecerán a súa música clásica nun concerto que dará comezo ás 18:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: