www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019

A Policía alerta da eliminación no número de axentes que patrullan Redondela
Sucesos • 28/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O SUP (Sindicato Unificado de Policía) critica a decisión da Xefatura da Comisaría local de Vigo-Redondela de eliminar o actual grupo de radiopatrullas da nosa vila o que fará "que os policías que actualmente patrullan Redondela deixen de facelo o que se traducirá nun empeoramento da seguridade cidadá".


Explican dende o Sindicato que o actual grupo de Radiopatrulla de Redondela pasará a formar parte da Brigada local de Vigo o que fará que os policía que actualmente patrulla o noso concello deixen de facelo "perdéndose a experiencia e coñecemento da zona, a proximidade cos comerciante e veciños, incrementando o tempo de reacción ante calquera requerimento cidadá ao 091.


A desaparición deste Grupo de Redondela, logo de 20 anos prestando este servizo de xeito ininterrompido, supón que as dotacións Zeta teñan a súa base en Vigo, o que provocará que "haxa momentos do día nos que non estea dispoñible ningún vehículo en Redondela debido aos 16 quilómetros de distancia entre ambos municipios".


Dende o SUP reclaman que un concello como o de Redondela con 30.000 habitantes merece un servizo de Seguridade Cidadá e de Policía Xudicial estable e ben dimensionado, cunha oficina de denuncias aberta 24horas e outras para a expedición do DNI.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: