www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Condenados a penas de cárcere os dous atracadores da oficina de Correos en Chapela
Sucesos • 28/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os dous homes que o 24 de marzo de 2017 cometeron un roubo violento na oficina de Correos de Chapela foron condenados a penas de cárcere logo de asumir a autoría dos feitos nunha vista celebrada no Xulgado do Penal de Vigo. José Luis A.F. con antecedentes xudiciais por outros roubos aceptou dous anos e medio de cárcere, mentres que Isidoro M.C. foi condenado a dous anos e un mes.


O roubo tiña lugar hai dous anos cando ao mediodía dun 24 de marzo os atracadores entraban na oficina da Estrada do Torreiro en Chapela armados cun coitelo e unha pistola. Cubertos con cascos de motos para ocultar os seus rostros esixíronlles as dúas empregadas que se atopaban no local que lle entregasen os cartos, un total de 500 euros da recadación do día. Foron apresados pouco despois.


Na actualidade están en prisión e, á hora de aplicarlle as penas, tívose en conta o atenuante de drogadicción.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: