www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Arealonga acolle unha carreira de orientación para todos os públicos
Deporte • 27/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude xunto a empresa Toxo Aventura e Natureza ten aberto o prazo de inscrición para esta actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado 30 na contorna de Arealonga a partir das 18:30. Co ánimo de poñer en valor o entorno da zona, aqueles que queiran participar nesta proba familiar poden facelo de xeito individual ou en grupo (ata 4 participantes por equipo), e os que desexen poderán facelo tamén acompañados da súa mascota. A inscrición é totalmente de balde, pódese facer a través da web do Concello de Redondela ou www.toxoaventura.com


Unha carreira de orientación na que os participantes contarán cun mapa con diferentes puntos onde se atopa unha baliza que servirá para determinar todos aqueles lugares polos que os participantes deberán pasar.


Establécense tres categorías por idades: toxiños, cun percorrido de 2 quilómetros orientados aos máis cativos, toxos, que oferta xa un percorrido máis esixentes de 3,5 quilómetros e finalmente toxeiras, na que se poden inscribir os que conten cun nivel físico e técnico alto que deberán percorrer 5 quilómetros.


Aproveitando esta proba a empresa Toxo Aventura e Natureza impartirá charlas nos centros educativos de Igrexa e IES Chapela a semana propia da proba.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: