www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019

Unha usuaria da Asociación Down Vigo realizará prácticas laborais na Biblioteca
Sociedade • 27/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela vén de firmar un convenio de colaboración coa entidade Down Vigo, que ten por obxecto posibilitar que os usuarios de dita asociación realicen prácticas laborais en calquera das dependencias municipais. A primeira persoa en beneficiarse deste convenio será Loira Fernández, unha moza con síndrome de Down que desenvolverá prácticas como ordenanza na Biblioteca Pública Valle Inclán durante un mes.


O convenio recolle o compromiso por parte do Concello para que a participante neste programa de inserción realice a aprendizaxe necesaria para acadar o nivel de formación axeitado, así como facilitarlle a adquisición das habilidades sociolaborais que precise.


Os beneficiarios de dito convenio tamén recibirán, en caso de que fose necesario, apoio psicolóxico para afrontar esta nova etapa.


A responsable da Concellería de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, destacou "o compromiso do Concello de Redondela cos colectivos sociais, traballando a prol da igualdade de oportunidades".


Neste senso, o rexedor, Javier Bas, sinalou tamén que "se demostra a capacidade que ten este goberno para traballar por unha inclusión real. "Desde o goberno municipal contribuimos activamente á visiblización, pero a posta en marcha de convenios como este, fan realidade todo o traballo que facemos pola inclusión real", sentenciou.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: