www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Rematan os obradoiros de emprego tras formar a 16 alumnos en deseño gráfico e carpintería
Institucional • 26/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O alumnados das dúas especialidades eran menores de 30 anos en situación de desemprego que acadan deste xeito a unha formación co obxecto de poder acceder ao mercado laboral. Ademais da formación teórica durante a súa formación realizaron tarefas prácticas sendo unha das actuacións máis salientable a mellora e acondicionamento do paseo peonil da Portela.


O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xuntos co alcalde Javier Bas e a concelleira Mª Carmen Amoedo participaron no acto de clausura do obradoiro Redemprega, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello, no que se formaron 16 menores de 30 anos nas ramas de deseño gráfico e carpintería.


O representante autonómico salientou o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Neste sentido, emprazou ao alumnado destes talleres a "aproveitar ao máximo a oportunidade que se lle brinda, mediante a formación, para acceder a un posto de traballo".


En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de "seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: