www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 5 de Decembro de 2019

Ferido un policía cando tentaba deter a un menor que cometera un roubo no Instituto de Chapela
Sucesos • 26/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os axentes da policía nacional de Vigo procederon a detención dun menor de 16 aos de idade logo de descubrilo cando abandonaba o Instituto da parroquia con varias bolsas  e mochilas ás costas. Ao ser descuberto fuxiu en dirección a Avenida de Vigo sendo interceptado por un axente que sufriu fractura de cúbito e radio, nariz, así como cortes e contusións en pómulos e fronte logo de caer ao chan. O mozo está acusado dun delito de roubo con forza.


Os feitos producíanse ás 4 da madrugada do luns cando se recibía unha chamaba ao 091 na que un condutor alertaba de que acababa de ver a unha persoa en actitude sospeitosa á beira do Instituto de Chapela. Unha dotación próxima dirixiuse ao lugar e realizou unha comprobación das rúas lindeiras, observando a un mozo que abandonaba o centro con varias bolsas e mochilas ás costas.


Os axentes dirixíronse cara a el, momento en que este mozo botou a correr en dirección cara á avda. de Vigo, sendo perseguido polos funcionarios.  Un deles deulle alcance e agarrouno, revolvéndose violentamente o perseguido, tras o cal caeron ao chan o axente e o perseguido.


A consecuencia da caída o policía sufriu unha fractura de boneca, nariz, así como erosións e cortes en fronte e pómulos.


Outro axente que o perseguía a poucos metros inmobilizou ao fuxido e identificouno, á vez que comprobaba que dentro da mochila e bolsas había gran cantidade de efectos, tales como discos duros, vídeo-consola, prismáticos, cámara de fotos, mp3, artigos de decoración, bixutaría, etc.


Xa en Comisaría realizouse unha comprobación das bases de datos policiais, na cal se confirmou que o home carecía de antecedentes policiais anteriores, pasando o detido a disposición do Xulgado de Instrución de Vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: