www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Abril de 2019

Un altercado na vía pública en Chapela obriga a intervir á Policía
Sucesos • 25/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos producíanse na madrugada do sábado na Avenida de Vigo logo de que os veciños da zona alertaran dun altercado no exterior do Bar A Recunca. Ata a zona desprazáronse axentes da Policía Local e a Policía Nacional que procederon a identificar un grupo dunhas vinte persoas e a deter un varón ao que lle figuraba unha orde requisatoria xudicial en vigor.


O incidente tiña lugar ás 2:15 horas da madrugada do sábado cando os axentes se desprazaban a esta zona de Chapela alertados por unha chamada veciñal que alertaba de ruídos e dun alternado do exterior dun local nocturno na zona da Avenida de Vigo. Unha vez no lugar os axentes procederon a identificar ao persoal que se atopaba na vía pública levantándose varias actas por consumo de sustancias estupefacientes.


No proceso de identificar aos que alí estaban localizouse un varón cunha orden requisitoria xudicial en vigor, un home de 31 anos de idade veciño de Tomiño, procedendo a súa detención.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: