www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Correos acondiciona a súa nova oficina en Chapela que abrirá no verán
Sociedade • 22/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O local no que Correos instalará a nova oficina de Chapela atópase no número 137 de Avenida de Vigo, nun baixo que antigamente ocupaban as oficinas do Banco de Galicia. En total 113 metros cadrados que será reformados co obxecto de facelos accesibles a todos os colectivos nunha localización céntrica que pretende ser máis funcional. A nova oficina, que comezará a funcionar no verán, substituirá o servizo que actualmente se presta nun edifico de titularidade municipal na Estrada do Torreiro e que será derrubado para ampliar o vial e dotalo de beirarrúas.


Explican dende Correos que a nova oficina na zona baixa da parroquia será "un local moderno e accesible cunha localización máis cómoda, contará cunha superficie de 113 metros cadrados, con luz natural e cun espazo mellor distribuído para atender aos cidadáns". Disporá de dous postos de atención ao público, será completamente accesible e colocaranse mostradores adaptados a todos os colectivos, nunhas instalacións con imaxe máis moderna e renovada. Unha oficina que prestará servizo en plena zona comercial, co obxectivo de que a súa céntrica localización resulte máis cómoda.


As obras para acondicionar este baixo na Avenida de Vigo arrancaban na xornada de onte e está previsto que o servizo comece a funcionar nesa nova ubicación este verán. Esta nova oficina substituirá o actual local que correos ocupa na Estrada do Torreiro cuxa demolición está prevista para ampliar e urbanizar o vial. Mentres duren os traballos de reforma, o servizo continuará prestándose no local actual en horario de luns a venres, de 08:30 a 14:30 horas e os sábados, de 09:30 a 13:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: