www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Xornadas de portas abertas no Castelo de Soutomaior co gallo da XIX Exposición da Camelia
Cultura • 22/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Castelo de Soutomaior manterá as súas portas abertas durante esta fin de semana co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia organizado polo concello. Un evento que contará con máis de 40 expositores que amosarán as súas composición florais nun recinto modernizado logo das obras de musealización realizadas meses atrás. O Castelo estará aberto ao público de xeito gratuíto de 10.00 a 19.00 h, tanto o sábado como o domingo.


A Deputación de Pontevedra levará a cabo esta próxima fin de semana unha xornada de portas abertas no Castelo de Soutomaior co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia, organizado polo concello, e de acordo coa ordenanza reguladora do edificio histórico que prevé este tipo de accións cando se trata de actividades relacionadas coa posta en valor do mesmo, da camelia ou dos xardíns., e respectando a capacidade de aforo do edificio histórico.


A cita cultural, que reunirá a máis de 40 expositores, contará con premios para a mellor flor, mellor composición artística e mellor traballo escolar. Recentemente, a institución provincial desenvolveu as visitas temáticas "A ruta da camelia", guiadas por persoal do Castelo e que deron a coñecer os principais exemplares de camelia dos máis de 400 cos que conta o seu xardín, declarado de Excelencia Internacional.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: