www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

O xogador do Redondela FS, Antón Pérez, convocado pola Selección Galega Infantil
Deporte • 22/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O porteiro Antón Pérez xa é todo un veterano neste tipo de convocatorias proclamándose en 2016 Campión de España coa Selección Galega Benxamín e sendo peza crave na Selección Galega Alevín que chegou a Semifinais do Torneo na edición do 2018. Actualmente Antón é o porteiro do equipo Infantil de Liga Galega e esta tempada xa formou parte da Selección de Vigo no Campionato de Seleccións Locais.


Antón recoñece estar entusiasmado ante a oportunidade de representar a Galicia no Campionato de España que se disputará do 27 ao 31 de Marzo en Almería. Os seus rivais na fase de grupo serán Estremadura e Castela León.


A Directiva, corpo técnico e todos os que forman parte do Redondela Fútbol sala amosan o seu orgullo polo que vai ser o seu representante na Selección Galega Infantil e trasladan ao xogador os seus parabéns "por este merecido recoñecemento".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: