www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

O escritor Manuel Rivas participa en Redondela dun encontro aberto no Multiúsos
Cultura • 18/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O escritor Manuel Rivas participa este mércores 20 de marzo nun encontro público organizado por Normalización Lingüística e as bibliotecas municipais que se vai desenvolver no auditorio do Multiúsos da Xunqueira ás 19:00 horas.


Unha actividade enmarcada dentro do proxecto de intercambio bibliotecario "Literaturas irmás", que comparten o Concello de Redondela e a vila de Monção. De feito, Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa mentres que en Redondela déuselle protagonismo ao escritor portugués José Saramago o que acolleu Redondela. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.


No encontro do vindeiro mércores Rivas abrirase a responder as preguntas de todos os que se acheguen a esta actividade aberta a todo o público.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: