www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 10 de Abril de 2020

O BNG entende que a ampliación da AP-9 incrementará os problemas de mobilidade en Vigo
Institucional • 26/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo nacionalista ve prioritaria unha autovía gratuíta alternativa á autoestrada de pago, motivo polo que teñen previsto presentar varias iniciativas parlamentarias reclamando que se axilicen as obras, ben da A-57 ou da A-59, e se desbote a ampliación da AP-9


Ese foi o compromiso acadado coa asociación de Afectados pola ampliación da AP-9 pola deputado do BNG no congreso Olaia Fernández Davila e o parlamentario galego Henrique Viéitez logo de reunírense a pasada semana.


No Bloque entenden que a obra proxectada polo Ministerio de Fomento e comprometida novamente días atrás polo seu titular José Blanco non só non vai solucionar os problemas de tráfico entre as beiras da ría, senon que aínda vai complicar máis esa circulación ao incrementarse o efecto funil na entrada a Vigo


Con todo, son conscientes no partido nacionalista que a situación de crise económica e os problemas do Ministerio para afrontar as obras en infraestruturas dificultarán que Fomento dea marcha atrás, tendo en conta que o custe de ampliar a ponte será menor que a construcción dunha autovía gratuíta alternativa..


A Asociación Afectados de Chapela aplaude o apoio recibido dende o BNG e continúa coas actividade previstas. Así, hoxe luns a partir das sete da tarde estarán expostas para firmar ou completar, no Multiusos Piñeiral do Crego de Chapela, as alegacións contra o proxecto da Ampliación da Autopista AP9 ó seu paso por esta parroquia.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: