www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

O número de mariscadoras caeu un 34% nunha década
Sociedade • 12/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O marisqueo a pé emprega a día de hoxe a 125 persoas cando no ano 2009 eran 190. Así o denuncia o BNG quen acusa ao goberno galego de ser o causante desta caída no número de empregados nun sector de grande importancia económica e un forte arraigo en Redondela. Denuncian tamén a suba abusiva da cota da Seguridade Social a estas traballadoras cuxa cota mensual pasa de 194 a 240 euros, unha suba que cualifican de "abusiva, inxusta e totalmente inasumible para os profesionais do mar".


O responsable local do BNG, Anxo Lusquiños asegura que o sector do marisqueo a pé "esta en perigo de desaparecer por culpa das políticas do Partido Popular" pois é a Xunta de Galiza quén ten as competencias nesta materia e lembra que no ano 2009 cando Nuñez Feijoo chega a presidencia da Xunta, en Redondela o marisqueo a pé empregaba a 190 persoas e hoxe dez anos despois son 125.


Unha cuestión que os nacionalistas abordaron con representantes do sector nunha xuntanza na que se tratou tamén a suba dos recibos da seguridade social os profesionais do mar por parte do ISM, sendo os profesionais do marisqueo a pé os máis prexudicados ao pasar a súa cota mensual de 194 a 240 euros, é dicir, 46 euros de diferenza, un 23,7% de incremento.


Aseguran que esta suba non leva aparellada mellora social algunha,  xa que se debe ao incremento dos tipo de cotizacións por continxencias comúns e profesionais, e non a suba da base de cotización o que si serviría para melloras a prestacións futuras. En canto a  pretendida mellora que supón  a prestación por paro da actividade por mor da marea vermella, en Redondela non vai ter ningunha repercusión, xa que a toxina é algo que  apenas  ten incidencia na zona de autorización de traballo.


Dende o BNG, denuncian esta suba, que sen dúbida supón un golpe mortal para este sector que no noso concello está xa nunha situación limite.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: