www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

Paxaretas convoca unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Valga
Sociedade • 12/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo feminista de Redondela convoca hoxe á cidadanía a se manifestar ante o último asasinato dunha muller en Galicia, María José Aboy de 43 anos, última vítima da violencia machista que era asasinada pola súa parella, Javier bello de 46 anos o pasado domingo. A concentración terá lugar ás 20.30horas na Praza da Constitución.


Na xornada de onte xa foron moitas as mostras de repulsa por un asasinato que se producía apenas 72 horas despois do 8M, unha fin de semana que nos deixaba tres mulleres mortas a mans das súas parellas en Madrid, Málaga e Pontevedra. Dende 2010, son 1.006 mulleres asasinadas por homes en territorio español.


Hoxe repetiranse esas concentracións en diferentes puntos da provincia, entre eles en Redondela onde está convocada esta protesta na praza da Constitución convocada por Paxaretas. O colectivo adía así ata nova data a charla debate prevista para hoxe na Casa da Cultura baixo o título "Científicas da casa: mulleres de aquí e de hoxe".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: