www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

A SAR faise co derbi e o Chapela di adeus
Deporte • 11/03/2019
Autor: Ana Prieto

A vixésimo terceira xornada de liga de División de Honra Prata deixou o derbi local de Redondela, con victoria para a SAR Rodavigo por 28-21. A derrota condena ao equipo de Chapela, que está matematicamente descendido. Nas categorías masculinas dúas vitorias a domicilio: o Chapela impúxose no Morrazo ao Bueu e a SAR gañou en Vigo ante o Seis do Nadal.


Honra Prata Feminina


SAR Rodavigo 28-21 Cíes Obra Civil Chapela


A SAR Rodavigo e o Cíes Obra Civil Chapela víronse as caras o sábado no pavillón da Marisma, onde se impuxo o conxunto local (28-21). As de "Chini" déronlle a volta ao marcador logo de comezar perdendo. O cambio de porteira na SAR foi determinante. Coa saída ao campo de Lucía o marcador pasou dun 9-13 a un 18-14 en pouco máis de dez minutos. Con este resultado, a SAR mantense no oitavo posto da clasificación con 25 puntos, mentres que o Chapela segue como pechacancelas con só tres, e confirma matematicamente o seu descenso. Na próxima xornada dispútanse os encontros Lanzarote-SAR e Chapela-Cleba.


Primeira Nacional Masculina



Bueu Atl. 27-33 Rodosa Chapela


Próxima xornada Chapela-U.Financiera


Primeira Autonómica



Seis do Nadal 19-26 SAR Plastic Omnium


Próxima xornada SAR-Pabellón

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: