www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

O C.D. Choco segue en racha
Deporte • 11/03/2019
Autor: Ana Prieto

O equipo redondelán asinou un empate no estadio do Polvorín, e xa leva máis de tres meses sen perder un partido. No resto de categorías vitorias do Arcade, Atl.Vilar, e Soutomair, e derrotas do Cesantes, Chapela e Nespereira. Xornada negatiba para o fútbol sala con derrotas para Campito, Pazos de Borbén e Redondela Maramar.


Terceira División


Polvorín 1-1 Choco


Reparto de puntos xusto en terras lucenses, nun partido no que non houbo un claro dominador. O equipo de "Gonza" adiantouse uns minutos antes de que o colexiado asubiase o fin da primeira parte, foi nunha acción a balón parado rematada por Félix. O filial do Lugo mellorou tras o descanso e conseguiu a igualada grazas ao gol de Juan Brunet. Desta forma, mantense as xeiras positivas de ambos os bandos. O cadro lucense acumula cinco semanas sen perder. O conxunto redondelán leva máis de tres meses sen saber o que é a derrota. Na próxima xornada o Choco xoba en Santa Mariña ante o Céltiga, equipo situado na metade baixa a táboa.


Primeira Autonómica



Arcade 2-0 Gondomar


Terceira vitoria consecutiva para o Arcade con goles de Adrián, Buján e Victor. O equipo, 3º do grupo, visita o domingo o campo do Caselas, 12º.


Segunda Autonómica



Tyde 1-2 Atl.Vilar


Importante victoria para os de Mon Sanromán, que se adiantaron na primeira parte con dous goles case seguidos de Pablo e Óscar Vázquez. O Tyde foi a remolque e recortou distancias nos últimos minutos do partido. O Vilar, 10ª, volve xogar fóra da casa na próxima xornada, no campo do Pontellas B, que é 15º.


Cesantes 1-5 Zacande


O Zacande, un dos aspirantes ao ascenso, foi moi superior e impuxo o seu xogo. O Cesantes só foi quen de anotar un gol nos últimos minutos do partido. Na próxima xoranda visitan o campo do Bamio, afundido na parte baida da táboa.


Terceira Autonómica



Coia 3-2 Chapela



Nespereira 2-8 S.Miguel


Próxima xornada Chapela-Balaídos e Atl. Matamá-Nespereira


Soutomaior 2-1 Atl. Estación


Próxima xornada Salcedo-Soutomaior


Fútbol sala


Terceira División



Campito 1-2 Sport Sala Culleredo


Gonnaba o Parrulo B 7-3 Pazos


Próxima semana teñen xornada de descanso. Volven á competición o día 23, cos enfrotnemantos Ribeira-Campito e Pazos de Borbén -Sta. Isabel F.S.


Preferente Galicia Sur



Apóstol 5-2 Redondela Maramar


Na próxima fin de semana reciben ao Quinta de Tui.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: