www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

O 43% das empresas de Redondela están en mans de mulleres
Sociedade • 8/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ese é o dato que manexa a Asociación de Empresarios atendendo quen na xornada de onte desenvolveu un encontro no que participaron máis de 40 mulleres empresarias e emprendedoras. Un encontro que serviu para dar a coñecer experiencias persoais como o de Verónica Costa quen actualmente conta con 8 traballadores ao seu cargo. Con esta actividade a Asociación quixo poñer en valor o desempeño profesional do colectivo e a súa importante contribución ao emprego e a economía local.


O protagonismo tivérono as experiencias das mulleres empresarias locais que achegaron as súas experiencias empresariais persoais. Verónica Costa da traballo a 8 empregadas e contou como pouco a pouco foi forxando distintos proxectos baseados na complementariedade e como o fixo posible durante estes últimos 22 años.


No acto, tamén estivo presente a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella quen realizou unha reflexión sobre o papel das políticas de igualdade en todos os ámbitos e sobre as medidas de fomento das iniciativas empresariais promovidas por mulleres e baseadas en fórmulas de promoción do autoemprego así como a importante contribución a xeración e mantemento que está a ter nos últimos anos. Deu conta do programa Emega, que contará en 2019 cun importante aumento da partida orzamentaria, dirixido a emprendedoras e empresarias que crean emprego feminino. Este é un dos programa que conta cunha longa traxectoria o que un claro indicio do éxito do propio programa por tratarse dunha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral.


O evento contou co patrocinio do Banco Mediolanum e participación da súa responsable da Zona Norte, Ivonne Pousa Alonso.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: