www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Emotivo acto homenaxe a Sesé Mateo co gallo da presentación do seu libro póstumo
Sociedade • 8/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños, amigos e familiares de Mª José Mateo, Sesé, a veciña de Chapela asasinada pola súa exparella hai dous anos nesta parroquia, ateigaron o Multiúsos do Piñeiral co gallo da presentación do seu libro de poemas e textos "No camiño do vento". Unha publicación cun marcado carácter solidario xa que o recadado coa venda dos libros darase á Fundación Mujeres para axudar aos nenos orfos por violencia machista a través do Fondo de becas Soledad Cazorla Prieto.


Un acto que contou coa presenza dun dos fillos de Sesé, Joshua Alonso, quen puxo en marcha este proxecto logo de rescatar de entre os restos da vivenda familiar destruída no atentado machista un caderno con textos da súa nai. Engadíronse logo outro poemas e reflexións que  Sesé enviara a familiares.


Tamén participou no acto a co editora do libro, Olga Nogueira e a responsable da edición literaria Mirian Ferradáns.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: