www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Redondela acolle a representación de "Bernarda" unha obra da compañía Malasombra
Cultura • 7/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía de teatro impulsada polo actor e produtor Xoque Carbajal chega ao Multiúsos da man da Concellería de Muller para presentar a obra "Bernarda", unha peza teatral escrita e dirixida por Xosé Prieto e inspira na célebre La Casa de Bernarda Alba de García Lorca malia derivar nunha historia do choque xeracional entre unha viuva e as súas dúas fillas. Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja son as protagonistas desta historia de mulleres que nos sitúa na Vilalba de 1975.


Bernarda é unha historia "próxima, comprensible e universal" explican dende a Compañía porque "o choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal". Ese choque é o que nos conta esta obra de teatro que cualifican de "humor de tanatorio ou risa de funeral" porque o mesmo nos arranca un sorriso como nos fai chorar.


Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha dura infantil na posguerra e un principio ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e nai e educa as súas fillas como mellor sabe aínda que iso a leve a discutir moitas veces con elas.


A obra poderase ver este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A entrada ten un prezo de 7 euros público en xeral, 5 euros entrada reducida para xubilados, estudantes e desempregados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: