www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

21 comparsas participan este domingo no desfile de entroido de Soutomaior
Cultura • 7/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior celebra este domingo día 10 de marzo o seu tradicional desfile de Entroido e contará coa presenza dun total de 20 comparsas ademais da realizada polos nenos do concello que asisten ao taller de comparsas municipal. O tradicional desfile de comparsas dará comezo ás 17:00 horas no cruzamento da avenida Xosé Solla co Calvario polo que se procederá a cortar o tráfico no centro de Arcade a partir das 15:30.


As comparsas volverán demostrar a súa creatividade e imaxinación nun colorido desfile de Entroido, cargado de orixinais creacións e moito humor. Abrirán o desfile 4 "saltóns" xigantes que animarán ao público durante todo o percorrido que irá dende a avenida Xosé Solla ate a Alameda de Tallo Río. A xornada terminará cunha gran festa chea de diversión e música coa actuación do grupo" 3.Com" até as 22:00 horas.


Ademais das comparsas do municipio, este ano desfilarán outras de Redondela, Pontesampaio, Pontellas, Bembrive, Matamá, etc.


Para garantir a seguridade do desfile pecharase a tráfico a partir das 15:30 horas a Avenida Xosé Solla e a Rúa Rosalía de Castro e estará prohibido aparcar desde as 15:00 h. nas citadas rúas desde o cruzamento coa rúa Cochón. 


En caso de adiamento debido ao mal tempo o desfile trasladarase ao seguinte domingo 17 de marzo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: