www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

Contacontos en Pazos para conmemorar o Día da Muller e da Narración Oral
Cultura • 7/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca de Pazos de Borbén organizada durante a semana do 11 a0 15 de marzo unha serie de actividades en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo de conmemorar dúas datas salientables para este servizo como son o Día da Muller (8de marzo) e o Día da narración oral (20 de marzo).


A primeira das actividades leva por nome "Rapazas de Conto" e correrá a cargo da actriz, ilustradora e contadora Marisa Irima o luns 11 de Marzo en dúas sesións, ás 11:00 e 13:00 horas, na sala de lectura. Está prevista a participación dos alumnos de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.


Un espectáculo de narración oral onde o eixo principal constitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero.


Continuara a programación o mércores 13 ás 13:00h no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués "Contos da Ilha" a cargo da contadora Sofía Maul, procedente da illa de Madeira (Portugal). Un espectáculo que forma parte da programación da VII edición do Festival Internacional de Narración oral Atlántica e ue achegará a Pazos "histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios."


Finalizará a programación o venres día 15, tamén no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "Contos de Lilith" a cargo da contadora galega Crista de Caldas.


"Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade."


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: