www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

Aparatoso accidente con tres coches implicados no centro da vila
Sucesos • 5/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O sinistro producíase ás 22:15 horas de onte na céntrica rúa Xeneral Rubín á altura da Praza de Santiago  cando un vehículo colidía contra outros dous estacionados causándolles danos de importancia. Afortunadamente non hai que lamentar feridos. Como consecuencia tamén se produciron danos no mobiliario urbano.


No sinistro foi necesaria a intervención dos axentes da policía local que se encargarán agora de investigar o acontecido para determinar o motivo polo que o condutor do vehículo siniestrado perdeu o control ata colidir cos outros dous.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: