www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

Seis medallas para Chapela na regata de bateis de Tirán
Deporte • 4/03/2019
Autor: Ana Prieto

Na regata da liga provincial de bateis disputada o sábado en Tirán, o C.R. Chapela fíxose con 6 medallas. Nas categorías femininas obtiveron o bronce en alevíns, ouro e prata en cadetes, e bronce en xuvenís. Nas regatas masculinas acadaron a prata nos infantís e o bronce nos xuvenís.


Un total de cinco clubs fixéronse con vitorias nas probas da Liguiña de Bateis da provincia que organizou a S.D. Tirán fronte aos peiraos do Con. Os clubs Mecos do Grove, que foi o vencedor en catro categorías (infantil feminino, alevín, infantil e absoluto masculino); Samertolaméu en tres categorías (alevíns e absolutas mulleres e xuvenís masculinos) e a continuación cunha vitoria cada un: Chapela (cadete feminino); Vilaxoán (xuvenil feminino) e Bueu (cadete masculino), foron os protagonistas dunha xornada difícil e complicada polo mal tempo.


Resultados das probas femininas: Alevin: 1.- Samertolaméu, 3.01:44; 2.- Vila Cangas, 3.07:54; 3.- Chapela, 3.10:28. Infantil: 1.- Mecos, 6.14:36; 2.- Amegrove, 6.21:60; 3.- Vilaxoán, 6.37:26. Cadete: 1.- Chapela-A, 9.03:46; 2.- Chapela-B, 9.08:73; 3.- Vilaxoán, 9.17:85. Xuvenil: 1.- Vilaxoán, 12.11:36; 2.- Bueu, 12.42:39; 3.- Chapela, 12.52:64. Absoluto: 1.- Samertolaméu, 11.50:05; 2.- Mecos, 12.18:09; 3.- Amegrove, 12.24:39.-


Resultados probas masculinas: Alevin: 1.- Mecos, 3.00:63; 2.- Bueu, 3.03:15; 3.- Coruxo, 3.08:22. Infantil: 1.- Mecos, 5.44:71; 2.- Chapela, 5.57:06; 3.- Vilaxoán, 6.07:22. Cadetes: 1.- Bueu, 8.26:37; 2.- Samertolaméu, 8.31:16; 3.- Mecos, 8.33:41. Xuvenís: 1.- Samertolaméu, 11.02:26; 2.- Robaleira, 11.05:69; 3.- Chapela, 11.20:78. Absoluto: 1.- Mecos, 10.30:57; 2.- Bueu, 10.34:62; 3.- Samertolaméu, 10.41:39.


Memorial Paco Fenosa


Cabo impúxose na regata de traíñas organizada polo C.R.Chapela na categoría absoluta, con Mecos en 2ª posición e Ares na 3ª. Na regata, disputada onte fronte ao paseo de Cardona, malia o mal tempo, tamén se celebrou a proba en categoría feminina, onde resultou vencedora Perillo, por diante de Tirán e Chapela, que quedou en 3º lugar. Na modalidade de veteranos gañou a embarcación de Chapela, con Meira en 2º lugar e Tirán no 3º posto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: