www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

O novo colexio de Chapela abrirá no vindeiro curso ao estimarse que as obras rematarán no verán
Institucional • 4/03/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A estrutura do colexio está moi avanzada e xa se poden coñecer as distintas estancias que conformarán o novo centro de Chapela. O final das obras está previsto para o verán. A este respecto, tanto o colectivo de pais como os representantes do colexio, coincidiron ao destacar que esperan iniciar o curso escolar 2019-2020 xa instalados no centro. O novo centro, ao que se trasladarán os nenos e nenas do colexio Igrexa, contará cunha ampla zona de pistas deportivas, ximnasio interior, sala multiusos e biblioteca, entre outros espazos.


O alcalde de Redondela, Javier Bas, visitaba estes días as obras do colexio de Chapela da man da dirección técnica do proxecto e acompañado polo colectivo de pais de Chapela e representantes da escola. Marina Melón, secretaria e profesora no colexio de Chapela destacou "o avance que suporá para Chapela a posta en marcha desta nova infraestrutura educativa, facendo realidade así unha reivindicación que se mantivo desatendida durante anos". Xunto a Melón, visitaron as infraestruturas varias nais pertencentes ao colectivo das anpas de Chapela que amosaron o seu contento co novo colexio. "As melloras son moi importantes, gañamos en espazo, en calidade de vida para os pais e para os profesores. Gañamos todos despois de levar moitos anos loitando por un colexio axeitado", sinalaron fontes das Anpas. O colexio contará cunha ampla zona de pistas deportivas, ximnasio interior, sala multiúsos e biblioteca, entre outros.


Pola súa banda, o alcalde, Javier Bas, sinalou que o Concello está satisfeito co avance das obras e que agarda que se cumpran os prazos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: