www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

23 comparsas e 1300 persoas participan no desfile de Entroido
Cultura • 27/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Dende o Concello salientan o incremento de actividades orientadas ao público máis novo cun entroido infantil na tarde do sábado a partir das 17:00 horas e obradoiros de cociña e máscaras venecianas tanto o luns como o mércores da vindeira semana. En previsión do mal tempo as actividades desenvolveranse nunha carpa na pista da Xunqueira. O alcalde aplaude a elección do meco "que baixo unha aparencia simpática agocha unha reivindicación moi seria: a eliminación da peaxe en Rande".


Como cada ano a visita dos escolares a casa do concello na mañá do venres dará o pistoletazo de saída a un entroido que se prolongará ata o día 9 de marzo con enterro do berete en Chapela.


Unha das novidades máis salientables nesta edición é a de dedicar unha tarde de festa ao rapaces coa organización de obradoiros de disfraces, inchables e photocall na tarde do sábado que incluirá tamén un desfile polas rúas de Redondela e un concerto infantil a cargo de "As aventuras de Paio" na praza da Constitución.


O domino serán máis de 1300 persoas as que participen do desfile de comparsas que sairá ás 18:00 horas  dende o campo da feira ata Vilavella. Un total de 23 comparsas que aspiran a levarse algún dos premios que outorga o Concello.


O luns e mércores haberá obradoiros para os cativos na praza da Casa do Concello en horario de tarde, de 17:00 a 19:00 horas mentres que o martes de entroido terá lugar a cita máis participativas con propostas para todas as idades e a queima do meco precedida dun pasarrúas "O dragón de Luz" e un espectáculo acróbata aéreo.


As celebracións chegarán ao seu remate o sábado 9 que contará con máis de 800 participantes e un total de 17 comparsas que conformarán a comitiva que acompañará ao berete ata a praia de Arealonga onde se procederá a súa incineración.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: