www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

Un taller ensinará ás mulleres a evitar o ciberacoso
Institucional • 27/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría da muller organiza o luns 11 de marzo un obradoiro que leva por nome Taller de confianza e seguridade das mulleres na rede. Impartirase na aula Cemit de Redondela en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. As interesadas deben presentar a súa solicitude de inscrición no rexistro do concello como data límite o xoves día 7.


O Programa Atenea, dependente do Instituto da Muller e a para a Igualdade de Oportunidades, engloba este taller dirixido a mulleres con coñecementos de informática a nivel usuaria. No obradoiro as participantes tratarán a seguridade nas redes relativa a contrasinais, fiabilidade de páxinas ou nivel de seguridade do navegador e os riscos existentes en internet como sexting, sextorsión, ciberacoso, grooming, suplantación de identidade, spam ou malware.


O taller desenvolverase o luns 11 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, na Aula Cemit de Redondela, e para participar é preciso presentar ficha de inscrición no Rexistro xeral do Concello. O prazo de presentación de solicitude estará aberto dende o mércores 27 de febreiro ata o xoves 7 de marzo ás 14:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: