www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

Financiamento público privado para a A-59 e ampliación de Rande no 2011
Institucional • 23/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O ministro de Fomento confirmou que se manteñen os prazos para a ampliación da autoestrada AP-9 e adianta que se recorrerá a unha fórmula mixta público-privada para financiar a futura A-59. A Plataforma Cidadá ve nesta fórmula unha porta aberta para converte a vía nunha autoestrada de peaxe.


Os recortes no Ministerio de Fomento non van afectar ás grandes infraestruturas na comarca. Así o confirmou onte o titular deste departamento, José Blanco que asegurou que se manteñen os prazos para á ampliación da AP-9 coa súa contratación prevista para principios do 2011. Un proxecto no que se inclúe a instalación do terceiro carril sobre a ponte de Rande e a ampliación do tramo que afectará de cheo a parroquia de Chapela co fin de "resolver os problemas máis agudos que ten esa arteria tan importante" segundo declaracións do Ministro.


Engadiu tamén que seguirá vixente a construcción da autovía A-57 entre Pontevedra e Vigo, unha obra que comezará pola circunvalación de Pontevedra como alternativa á autoestrada do Atlántico, aínda que non deu prazos e apostou por centrarse nos "proxectos maduros". Si hai cambios en canto ao financiamento desa futura autovía xa que adiantou que se recorrerá a unha fórmula mixta público-privada.


Unha fórmula que ao entender da Plataforma Cidadá apunta cara á privatización desa vía que "podería converterse nunha nova autoestrada de peaxe ante a imposibilidade por parte de Fomento de financiar e manter a infraestrutura".

Comentarios
Voto Nulo
Sábado 24 de Xullo de 2010 ás 16:23 horas
Ningunha agresión sen resposta!
redondelán
Sábado 24 de Xullo de 2010 ás 14:57 horas
unha boa nova para o avance.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: