www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

Augas de Galicia investirá 2,5 millóns na mellora das depuradores de Arcade e Soutomaior
Política • 27/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Así o confirmou o alcalde da localidade, Agustín Reguera, quen asegurou que os responsables do departamento dependente da Xunta de Galicia confirmaron que "o proxecto xa se está redactando e presentarase nos próximos meses". Corrixe ademais o alcalde ao edil nacionalista Manu Lourenzo quen denunciara que non existían nin prazos nin contía económica destinada a esta actuación e asegura que "as partidas para a mellora das depuradoras se está incluída dentro dos fondos Feder e contemplan o investimento dun millón e medio de euros para a depuradora de Arcade e un millón de euros para a depuradora de Soutomaior".


Reguera destacou a calidade da auga en Soutomaior aludindo aos resultados do test realizados por sanidade durante o verán. Asegura que a Consellería realiza test e informes periódicos para controlar a calidade da auga, especialmente durante o verán para asegurar a salubridade das zonas de praia, e os resultados de Soutomaior foron de excelente, tanto na praia de Matilde como na do Peirao.


Axudas para o sector marisqueiro


Conforme ás axudas para o sector marisqueiro, o alcalde indicou que é un tema que xa se tratou en reunións previas co patrón maior da confraría e sobre o que xa se chegou a un acordo que se espera ampliar a varios Concellos da ría de Vigo. "Xa reservamos fondos para estas axudas, pero cremos que se a Arcade veñen faenar mariñeiros de marisqueo de toda a ría, o máis xusto é que todos os Concellos fagan achegas a este fondo e que non pase outra vez como en 2015, cando fomos os únicos que cumprimos cos mariñeiros" explicou Reguera.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: