www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

A maxia será o fío condutor no XI Festival Internacional de Artistas de Rúa
Cultura • 22/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Haberá espectáculos circenses, teatro, performances e monicreques nas actuacións programadas na Alameda para a tarde note de venres e sábado. Artistas procedentes de Arxentina, Brasil, Bulgaria e Andalucía ademais dos redondeláns Tanxarina centran o programa deste ano


Un ano máis o festival internacional de Artistas de Rúa achegará a Redondela unha ducia de espectáculos para todos os públicos e onde non faltará a presencia dunha compañía mítica do noso concello, o grupo de títeres Tanxarina quen presentarán o seu novo espectáculo Trogloditas. Haberá ademais música, espectáculos circense, performances e estatuas humanas, sendo este ano o fío condutor a maxia de proximidade.


As actuacións arrancarán ás 20:30 horas do venres coas representacións de Tanxarina, o circo de El gran rufus e a música arxentina de Acordeón Man. Dende Brasil chega a obra de teatro de Daniel Boliche e dende Cuba a maxia de Raul martínez. Tamén na xornada inaugural poderase ver a performance Rúe Ritsari


A comedia do Grupo electrógeno, gañadora do festiclown do pasado ano, será a encargada de pechar a xornada ás 23:00 horas.


O sábado repetirán algúns dos espectáculos mentres que veremos como novidade ao grupo da Nova troba galega de maxia, ao belga Rudi Dudi e ao Capitán marabilla, quen repite na súa visita a este festival pero cunha nova montaxe que leva por título "Mono A & Mono B".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: