www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Marzo de 2019

Unha bandeira para o C.R. Chapela na XXIII Concello de Redondela de Bateis
Deporte • 25/02/2019
Autor: Ana Prieto

Os triunfos estiveron moi repartidos nas dez categorías da XXIII Bandeira Concello de Redondela de bateis, que o sábado se disputaron na enseada de San Simón, organizadas polo C.C.D. Cesantes. Éxito de público e participación cun total de seis medallas para os clubs redondeláns.


O C.R. Chapela fíxose co ouro e a bandeira na categoría cadete masculina, ademais de dúas pratas na regata alevín masculina e cadete feminina, e o bronce na infantil masculina. O C.C.D. Cesantes, club anfitrión, fíxose con dous bronces: nas categorías xuvenil e absoluta masculina. Só SD.Samertolaméu, SD.Tirán e CR.Mecos puideron sumar dúas vitorias. O resto repartíronse entre C.R. Chapela, CR.Vilaxoán, CR.Virxe da Guía e CR.Robaleira con cadansúa. Houbo regatas moi emocionantes, como en cadete feminino, onde gañou Tirán pero con só dous segundos sobre Chapela. E o mesmo en alevín masculino, onde Virxe da Guía superou a Chapela por tan só un segundo.


Categorías masculinas: Alevíns: 1. Virxe Guía, 3.09:47; 2. Chapela, 3.10:23; 3. Coruxo, 3.13:66. Infantís: 1. Mecos, 5.37:16; 2. Tirán, 5.40:03; 3. Chapela, 5.47:51. Cadetes: 1. Chapela, 8.03:48; 2. Mecos, 8.05:28; 3. Amegrove, 8.07:30. Xuvenís: 1. Robaleira, 10.14:40; 2. Mecos, 10.17:19; 3. Cesantes, 10.21:49. Absolutos: 1. Mecos-A, 9.54:52; 2. Mecos-B, 10.04:95; 3. Bueu, 10.06:52.


Categorías femininas: Alevíns: 1. Samertolaméu, 2.35:16; 2. Bueu, 2.40:11; 3. Virxe Guía, 2.48:21. Infantís: 1. Vilaxoán, 5.26:40; 2. Amegrove, 5.31:71; 3. Mecos, 5.34:39. Cadetes: 1. Tirán, 8.05:18; 2. Chapela, 8.07:95; 3. Robaleira, 8.19:42. Xuvenís: 1. Tirán, 11.11:43; 2. Vilaxoán, 11.34:58; 3. Bueu, 11.43:47. Absolutas: 1. Samertolaméu, 11.01:57; 2. Mecos, 11.12:28; 3. Amegrove, 11.36:19.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: