www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

Presión na rúa para esixir a eliminación da peaxe
Sociedade • 22/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños de Chapela e Teis fan un chamamento a toda a cidadanía de Redondela e bisbarra a saír a rúa este sábado ás 18:00 horas para demandar, unha vez máis, que se elimine a peaxe en Rande e se avance noutras demandas xa históricas destes dous colectivos como son a colocación de pantallas acústicas e a conversión en vía urbana do tramo da autoestrada entre Torres de Padín e o centro da cidade de Vigo. Confían en que aínda hai tempo antes das eleccións para que Fomento avance nestas reclamación pero, en caso contrario, esixen que todos os partidos inclúan estas medidas nos seus programas electorais.


"Non hai ningún argumento en contra das nosas peticións, todos os partidos políticos e toda a cidadanía está a favor dunhas reclamacións que son xustas e necesarias para mellorar a vida dos veciños de toda a comarca en xeral e dos que viven nas inmediacións da autoestrada en particular". O presidente da Asociación de veciños de Chapela, Marcial Pérez confía en que esta nova mobilización sexa un éxito de participación e que este sábado se escoite na rúa a demanda social para a inmediata supresión da peaxe, que se converta en vía urbano libre de pago o tramo da AP-9 que vai dende as Torres de Padín ata o centro da cidade, que se instalen as pantallas prometidas para paliar a contaminación acústica e que se cumpran os compromisos recollidos na adenda.


A marcha reivindicativa celebrarase o sábado 23 ás 18:00 horas con saída dende as Torres de Padín ata a rotonda da peaxe. En total 2,5 kilómetros para facer visibles novamente as súas demandas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: