www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 26 de Maio de 2019

O socialista Mauro Álvarez renuncia a súa acta por motivos laborais
Política • 22/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O edil do grupo municipal do PSOE de Redondela, Mauro Álvarez Castro, presentou onte a súa renuncia á acta como concelleira por motivos laborais. Álvarez, de 28 anos e veciño de Chapela, é enxeñeiro de telecomunicacións e até agora compatibilizaba o seu traballo profesional co seu labor de militancia política, sendo membro da executiva do PSOE de Redondela, delegado do Comité Provincial do partido en Pontevedra e tamén cun cargo en Xuventudes Socialistas de Redondela.


Alvarez explica que "a política non é un oficio, senón a entrega ao servizo público que implica unha grande responsabilidade e dedicación. En base a estes principios e debido a unha vida profesional cunha gran carga de traballo, non podo seguir como concelleiro xa que nos vindeiros meses non vou a posuír o tempo que debo dedicarlle a temas de gran importancia para a veciñanza" prosigue "a decisión foi difícil debido aos grandes compañeiros e compañeiras que teño no grupo municipal e na agrupación, dentro de esta última seguirei traballando e axudando como fixen ata agora".


Os seus compañeiros de corporación dedicábanlle palabras de agarimo e recoñecemento que procedían tanto do seu propio grupo como do resto das formacións políticas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: