www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019

Redondela celebra a Rosalía
Cultura • 21/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello celebrará un acto na memoria de Rosalía de Castro co gallo do aniversario da escritora que consistirá na lectura dos seus versos e un concerto a cargo de Son trío. O acto terá lugar o sábado 23 ás 12:00h na alameda que leva o seu nome no centro de Chapela. Tamén dentro desta programación organízase un concerto, enmarcado no Pórtico Sonoro, a cargo do grupo Evoéh o domingo ás 18:00 horas na Igrexa de Vilavella.


Desde 2018, o municipio dispón dun espazo público propio no que poder celebrar os actos na honra da poeta galega, lembrando a súa talla literaria e culta, a súa figura solidaria cos que menos tiñan e tamén a dor ante as inxustizas. Así pois, convócase a todos os veciños e veciñas a este acto homenaxe o vindeiro día 23 de febreiro a partir das 12.00 horas. Na homenaxe leranse versos, farase unha ofrenda floral á autora alí presente por medio da súa esfinxe e posteriormente os asistentes poderán gozar dun concerto a cargo de Son Trío, con composición elaboradas a partir das letras de Rosalía.


Tamén, e como xa vendo costume, repartiranse camelias entre os asistentes, a flor que representa a autora galega.


Por outra banda, o domingo o grupo Evoéh ofrecerá un concerto ás seis da tarde na Igrexa de Vilavella cun repertorio no que poñen música aos poemas de Rosalía. O concerto está enmarcado no Ciclo Pórtico Sonoro.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: