www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

Curso de atención sociosaniaria en Soutomaior
Institucional • 22/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O prazo de inscrición para participar no curso remata o día 27 de xullo e está orientado a persoas desempregadas e interesadas en recibir unha formación que lles dará a oportunidade de inserirse no mercado laboral. Os interesados deben chamar ao teléfono 986 705106


O alumnado que participe deste curso de "Atención socio-sanitaria a domicilio" recibirá coñecemento básicos para atender a persoas maiores, discapacitados e convalecentes. Ademais os futuros alumnos recibirán formación teórica e practica e se lles facilitará unha axuda económica para o transporte e outras necesidades.


O curso será impartido dende o 27 de xullo ata o 15 de decembro en horario de mañá de luns a venres dende as 8 ás 14:30 horas, cunha duración de 630 horas.


O obxectivo do curso é formar a profesionais no ámbito socio-sanitario, axudando a persoas con necesidades especiais de saúde física, psíquica e social, aplicando estratexias e procedementos que só un profesional poderá ofrecer a través deste curso que se impartirá no concello co fin de formar a profesionais no ámbito socio sanitario para axudar a persoas con necesidades especiais en saúde física, psíquica e social.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: