www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

Xornada de promoción da lingua e a cultura como elemento distintivo na hospedaría de Redondela
Institucional • 21/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de empresarios organiza esta tarde un encontro con responsables da Xunta e Concello co obxecto de preparar actividades e presentar material divulgativo vinculado ao Xacobeo 21. Atendendo a que un dos grandes motivos que move aos peregrinos a se embarcar no camiño Francés son motivos culturais e lingüísticos, o obxecto deste encontro que se desenvolverá na Casona da Torre é coordinar o traballo entre os locais que ofrecen aloxamento en Redondela e as diferentes administracións.


A xornada, que arrancará as 17:30 horas de hoxe xoves, contará coa intervención do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García quen presentará as liñas de traballo de cara a celebración do ano Xacobeo no 2021. Intervirá o ex director de comunicación de hostalaría de Santiago e director de Galeguesa, Aser Alvarez encargado de achegar experiencias empresariais en Compostela arredor da lingua galega e dar conta dos seus resultados. Finalmente a técnica da consultora Supernova, Ana Seco presentará diversos distintivos relacionados cos selos do Xacobeo.


En representación do Concello intervirá o alcalde Javier Bas e o técnico de normalización do concello de Redondela, Xurxo Martínez, quen pechará o acto presentando diferente material dirixido á hospedaxe.


As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na propia asociación de empresarios no teléfono 986 404012.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: