www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

A montañeira Rosa Paredes achega as súas experiencias á Casa da Cultura
Cultura • 20/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación amigos das bibliotecas en colaboración coas bibliotecas municipais organizan este venres ás 20:30 horas unha charla coloquio na casa da Cultura na que a montañeira falará das súas experiencias ao límite, compartindo as súas aventuras en diferentes lugares da terra aos que se desprazou co obxectivo de subir aos cumios máis altos do planeta.


Rosa Paredes, pontevedresa de Vilaboa, enfermeira e montañeira, ofrecerá unha charla-coloquio na que relatará a súa experiencia na escalada a diversos picos do mundo, entre os que se atopan o Aconcagua arxentino, o Muztagh Ata, situado na cordilleira chinesa de Kunkun, e o pico Lenín en Kirguizistán. Previamente proxectarase un vídeo no que recolle as súas vivencia no ascenso a unha destas montañas.  


 O acto que terá lugar na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h., está organizado pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración das mesmas. Entrada libre e gratuíta.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: