www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Libro homenaxe a Sesé para axudar ás outras vítimas da violencia de xénero
Sociedade • 18/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

"No camiño do vento", unha iniciativa que busca homenaxear a Sesé no segundo aniversario do seu asasinato a mans da súa ex parella. Un libro e un proxecto que quere lembrar a súa memoria, visibilizar a violencia de xénero e recadar fondos para axudar os nenos e nenas que quedan orfos vítimas da violencia machista. O proxecto está aberto á colaboración a través da páxina sesemateo.es. O libro será presentado o xoves día 7 no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.


O proxecto nace cando Joshua, fillo de Sesé, atopou diversos textos escritos pola súa nai. Uns poema aos que se uniron outros que Sesé enviara a amigos e familiares no pasado. Unha pequena biografía e unha reflexión en torno á violencia contra as mulleres completan este libro que leva por nome "No camiño do vento". Unha publicación que é moito máis, é un proxecto no que están involucrados moitos dos que coñeceron e quixeron a Sesé e unha iniciativa que busca tamén reunir cartos para todos eses nenos e nenas vítimas da violencia de xénero que en moitas ocasións quedan completamente desamparados cando as súas nais son asasinadas.


Por ese motivo, os cartos que se recaden coa venda do libro irán parar a "Fundación Mujeres". 10 euros que se dedicarán a axudar a nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Becas Soledad Cazorla Prieto.


Unha vez feita a doazón os exemplares poderán recollerse nalgunha das presentacións que se farán por Galicia e Madrid a partir do 26 de febreiro 2019. A primeira das presentacións non será nunha data casual, será no día previo a celebración do Día da muller. O día 7 de marzo ás 20:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: