www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019

Sete medallas para o remo redondelán na primeira fin de semana de bateis
Deporte • 18/02/2019
Autor: Ana Prieto

A XVIII Bandeira de Vigo de Bateis e a II Bandeira Confraría de Pescadores de Vilaxoán abriron a temporada de remo. Nas dúas citas participaron os clubs redondeláns, o C.R. Chapela e o C.C.D. Cesantes, que sumaron un total de sete medallas entre as dúas citas con dous ouros, unha prata e catro bronces. A próxima fin de semana, o día 23, dispútase a Bandeira Concello de Redondela, organizada polo CCD Cesantes.


Na segunda regata do calendario, a disputada onte en augas de Vilaxoán, impúxose Mecos. As tripulacións, femininas e masculinas, presentadas polo club do Grove foron as máis fortes da veintena de clubs participantes e conquistaron a II Bandeira Cofradía de Pescadores de Vilaxoán sumando 31 puntos, seguidos de Cabo da Cruz, con 27; e Samertolaméu, 14. Seis clubs subiron ao caixón máis alto do podio para colgarse as medallas de campión: O CCD Cesantes en xuvenil masculino; Mecos en tres: alevines, cadetes e absolutos masculinos; Cabo da Cruz e Samertolaméu, en dúas cada un. E unha vitoria sumou Amegrove en infantil feminino e S.D.Tirán en cadete feminino. Pola súa banda o C.R. Chapela foi bronce en cadete feminino.
Na primeira regata da temporada, a XVIII Bandeira Concello de Vigo de Bateis, Mecos compartiu protagonismo con Samertolaméu, nunha proba que se disputou o sábado en augas da antiga ETEA, organizada polo Club Remo Virxe da Guía. Para a bandeira feminina houbo empate a 13 puntos entre Samertolaméu e Tirán, con Vilaxoán en terceira posición con 11 puntos. E na masculina os equipos do Club Remo Mecos impuxéronse con claridade sumando 22 puntos, por 10 de Samertolaméu e 8 de Chapela. Chapela acadou un ouro na categoría cadete feminina, unha prata en cadete masculina e un bronce en infantil masculina, mentres que o club de Cesantes se facía con dous bronces: senior masculino e xuvenil masculino.
Resultados II Bandeira Cofradía de Pescadores Vilaxoán. Categorías masculinas: Alevines: 1. Mecos, 3.14:91; 2. Bueu, 3.17:98; 3. Coruxo, 3.21:61. Infantís: 1. Cabo Cruz, 5.43:94; 2. Mecos, 5.49:84; 3. Tirán, 5.59:45. Cadetes: 1. Mecos, 8.20:35; 2. Cabo Cruz, 8.25:62; 3. Amegrove, 8.34:78. Xuvenís: 1. Cesantes, 10.58:78; 2. Cabo Cruz, 11.00:32; 3. Robaleira, 11.03:57. Absolutos: 1. Mecos, 10.30:60; 2. Bueu, 10.42:05; 3. San Martiño, 10.44:77.
Resultados categorías femininas: Alevines: 1. Samertolaméu, 3.19:91; 2. Bueu, 3.23:72; 3. Cabo Cruz, 3.24:82. Infantís: 1. Amegrove, 6.05:64; 2. Vilaxoán, 6.07:07; 3. Mecos, 6.14:63. Cadetes: 1. Tirán, 8.59:59; 2. Rianxo, 9.01:59; 3. Chapela, 9.10:35. Xuvenís: 1. Cabo Cruz, 12.05:87; 2. Vilaxoán, 12.06:03; 3. Rianxo, 12.16:30. Absolutas: 1. Samertolaméu, 11.31:61; 2. Mecos, 11.36:42; 3. Coruxo, 12.04:43.
Resultados XVIII Bandeira Concello de Vigo de Bateis. Categorías femininas: Alevín: 1. Vila Cangas, 2.47:51; 2. Samertolaméu, 2.52:86; 3. Bueu, 2.55:11. Infantil: 1. Amegrove, 5.39:43; 2. Vilaxoán, 5.42:65; 3. Mecos, 5.50:25. Cadete: 1. Chapela, 8.09:54; 2. Tirán, 8.13:11; 3. Vilaxoán, 8.24:96. Xuvenil: 1. Tirán, 11.20:71; 2. Vilaxoán, 11.37:56; 3. Bueu, 11.44:37. Absoluto: 1. Samertolaméu, 11.00:89; 2. Mecos, 11.04:03; 3. Coruxo, 11.06:59.-
Categorías masculinas: Alevín: 1. Bueu, 2.51:98; 2. Virxe Guía, 2.54:80; 3. Coruxo, 3.03:21. Infantil: 1. Mecos, 5.25:43; 2. Vilaxoán, 5.38:15; 3. Chapela, 5.41:84. Cadete: 1. Mecos, 7.43:79; 2. Chapela, 7.56:47; 3. Samertolaméu, 8.01:56. Xuvenil: 1. Samertolaméu, 10.18:74; 2. Mecos, 10.22:65; 3. Cesantes, 10.27:58. Absoluto: 1. Tirán, 9.48:32; 2. Mecos, 10.07:23; 3. Cesantes, 10.11:10.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: