www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

Go on, unha odisea cómica no Multiúsos do Piñeiral
Cultura • 15/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de cultura programa esta fin de semana "GO on", unha obra de teatro escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi. Unha actividade de balde o domingo ás 20:00 horas no Multiúsos de Chapela a cargo da compañía de teatro Malasombra.


Xoque Carbajal e Josué García son os dous exploradores que protagonizan esta comedia. Despois da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. Estes dous valentes adentraranse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. A obra recompila esta experiencia límite na que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terrible ataque do can de palleiro, a entrevista a un porco no corredor da morte, como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou cantarlle unha saeta á Santa Compaña.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: