www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 25 de Maio de 2019

O BNG de Soutomaior propón transformar a vella escola de Moreira nun centro social e de maiores
Política • 15/02/2019
Autor: Ana Prieto

O grupo municipal do Bloque vén de presentar unha moción na que propón ao pleno a recuperación da vella escola de Moreira, que na actualidade se atopa nun grave estado de deterioro, para darlle un uso social, con actividades para a veciñanza e que serva de punto de encontro para os maiores.


A vella escola de Moreira foi o lugar que durante décadas funcionou como escola rural no barrio. Atópase á carón da casa do pobo, na carballeira de Trasdovalo. Pero co paso do tempo e o desuso, o inmoble presenta agora un evidente deterioro. Ante esta situación, o BNG propón "poñer en valor" este edificio público e dotalo de contido. O voceiro, Manu Lourenzo, avanza que a súa rehabilitacióne permitiría que a antiga escola funcionase "como un espazo no que realizar pequenas xuntanzas e actividades para a veciñanza, a ao tempo como un lugar de encontro para os maiores, que permitise que durante o día estivesen acompañados e atendidos". O edil nacionalista afirma que podería facerse a través dos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, realizando previamente un estudo de viabilidade que poña fin "ao lamentable estado de deterioro do edificio". Lourenzo mantivo xuntanzas con varios axentes sociais do Concello, cos que coincidiu na necesidade dun espazo destas características no que os maiores do rural poidan compartir tempo e coidados, e a veciñanza en xeral poida organizar actividades culturais, sociais e de ocio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: