www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Paxaretas celebra o seu aniversario cun sábado de festa
Sociedade • 13/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Procesión paxaretil, xantar popular, guateque e contacontos é a proposta festiva que organiza o colectivo feminista de Redondela para celebrar o seu primeiro aniversario. Actividades abertas a todo o que queira achegarse durante a xornada do sábado na Discotasca.


As actividades arrancarán ás 12:00 horas do vindeiro sábado día 16 cunha procesión Paxaretil que contará coa animación musical do colectivo vigués Nós Mesmas quen amenizarán a marcha que partirá dende a praza da Farola a ritmo de batukada. Ás 15:00 horas celebrarase un xantar popular na Discotasca e ás 17:00 horas un bingo feminista seguido dun guateque a partir das seis da tarde.


Xa en horario nocturno a redondelá Puchi será a encargada do monólogo que se escoitará tamén na discotasca e as 22:30 haberá unha pinchada feminista coa participación de Dj Russinha.


A festa está aberta a todos os públicos e aquelas persoas que se acheguen con algún detalle feminista entrará nun sorteo sorpresa. O obxectivo desta iniciativa, ademais de celebrar o primeiro aniversario do colectivo é achegar a todas as persoas o feminismo dun xeito lúdico e divertido.


Por outra banda paxaretas organiza unha marcha a Lugo para participar na manifestación feminista unitaria que terá lugar o día 3 de marzo. As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo paxaretasredondela@gmail.com antes do 20 de febreiro. O custe é de 10 euros que se investirán en pagar o autobús, con ida e volta na mesma xornada do 3 de marzo e o restante para axudar cos custos da manifestación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: