www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 24 de Abril de 2019

O Meirande supera as 15.500 visitas nun ano
Cultura • 13/02/2019
Autor: M. X. Queimaliños

En total foron concretamente 15.560 as persoas que visitaron este centro de interpretación da batalla durante o pasado 2018. Durante os vindeiros meses de febreiro e marzo cambia o seu horario e permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10.30 a 13:30 e sábados a domingo en horario de tarde de 15:30 a 18:30 horas. Os luns estará pechado.


O Concello de Redondela celebra que o Centro de Interpretación fose visitado por 15.560 converténdose así no segundo museo máis visitado da provincia de Pontevedra. O teléfono de contacto para organizar visitas en grupos é o 986 458 891 ou a través do e-mail meirande@redondela.gal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: