www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 7 de Abril de 2020

A plataforma informa das negativas repercusións das infraestructuras no Camiño Portugués
Sociedade • 21/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Durante toda a mañá entregarán aos camiñantes folletos informativos en cinco idiomas e cunchas de vieira co logotipo da plataforma para informar e sensibilizar aos peregrinos da incidencia que a autovía A-59 e o polígono de Arrufana tería no Camiño Portugués a Santiago


Durante a mañá de hoxe membros da plataforma contra a autovía e da asociación de afectados polo polígono de Saxamonde realizarán unha campaña encamiñada a informar a todos os peregrinos que se dirixen a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués das nefastas consecuencias que as infraestructuras proxectadas van ter sobre este traxecto histórico.


A iniciativa consistirá en entregar aos camiñantes folletos en cinco idiomas (galego, español, portugués, francés e inglés) nos que se explica de xeito pormenorizado a incidencia que a construcción da Autovía A-59 e o parque industrial de Mos-Redondela terá no Camiño. Entregaráselles ademais unha cuncha de vieira co logotipo da Plataforma.


O obxectivo é claro: informar pero tamén sensibilizar sobre a necesidade de preservar un traxecto xa moi prexudicado.


Polígono de Arrufana


Dende a asociación de afectados polo polígono, reiteran que ademais de ser 900 as persoas afectadas directamente por residir en Saxamonde ou Vilar, as dúas parroquias que se verían afectadas coa construcción do futuro parque industrial de Arrufana, o camiño de Santiago e a Vía Romana XIX quedará entre naves industriais deixando dous kilómetros do traxecto ao carón das empresas.


Os peregrinos non dubidan en apoiar a negativa á construcción do polígono, xa que segundo explican o tramo entre Tui e O Porriño está completamente estragado precisamente pola súa proximidade cun parque industrial o que fai que o tráfico de camións sexa moi elevado.

Comentarios
GZ
Mércores 4 de Agosto de 2010 ás 20:47 horas
A xa estamos amolalle a continuidade e traballo da Plataforma. Amolalle non controlar a prensa como controla o Pleno do Concello. Amolalle que non saian só as fotos dos políticos habituais Xaime e Reguera principalmente. Se tan mal te parece a promoción política e sabes de que pe coxea cada quen porque non criticas aos que levan máis de 15 anos no concello? Ahh? Eses dante de comer? Non si? Dandullo agradecido!!!
Arturo
Mércores 21 de Xullo de 2010 ás 23:38 horas
Non sei a \\\"xente de Redondela\\\" qué opinión ten de cadaquén. O que sí sei é que faría falta moita máis educación vista a competencia lingüística de alguns.
Por certo eu non vexo foto algunha nin de protagonismo nin de outra maneira.
xa estamos
Mércores 21 de Xullo de 2010 ás 18:07 horas
q raro xa tardaban en saireu me pregunto cando deixaran de facerse fotos de protagonismopq xa estou cansado de q saian na prensa para promocionarse politicamnteademais a xente de redondela xa sabe de q pé coxea cada un
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: