www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019

O BNG de Soutomaior propón un acordo polo saneamento da Ría de Vigo
Política • 12/02/2019
Autor: Ana Prieto

O grupo nacionalista solicitou a celebración dun pleno extraordinario para abordar a situación da ría e chegar a un acordo para o seu sanemento integral. O portavoz municipal, Manu Lourenzo, reunise co patrón maior de Arcade e recolleu as demandas de melloras por parte do sector pesqueiro e marisquiero.


Son máis de 200 as familias do municipio que dependen directamente dos recursos da ría. Lourenzo advirte que se trata dun sector "estratéxico" para Soutomaior, non só pola pesca e o marisqueo, senón tamén polo turismo, a pesca deportiva, etc. O responsable local do BNG tamén abordou a problemática do saneamento na ría de Vigo xunto coa portavoz nacional do BNG Ana Pontón, e coa Eurodeputada do BNG Ana Miranda. De feito o BNG tamén defenderá noParlamento galego unha iniciativa para esixir financiación estatal para sanear a ría. Lourenzo sinalou que dende o BNG tomarán "todas as medidas necesarias para defender o medio ambiente e para defender aos nosos mariñeiros e mariscadoras". Denuncia que durante anos recibiron "anuncios pantasma", e esixe que se agora se adopte unha solución "definitiva", tanto nas EDAR (estadións depuradoras de augas residuais), como nas separativas de augas pluviais e fecais. Lembra que hai máis de 6 meses o alcalde Agustín Reguera e o responsable de Augas de Galicia anunciaron un investimento de 2,5 millóns de euros para as Depuradores de Arcade e Comboa. Medio ano despois "esa partida non aparecen por ningures". Lourenzo defenden que é preciso chegar a un acordo "entre todos"e demandarán tamén axudas para o sector marisqueiro cos que abordar problemas importantes como a mortaldade da ameixa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: